comercio local

O comercio do Ribeiro intensifica a súa promoción de cara ao Nadal

Manuela Rodríguez, vicepresidenta da asociación, xunto a hostaleiros do concurso do ano pasado.
photo_camera Manuela Rodríguez, vicepresidenta da asociación, xunto a hostaleiros do concurso do ano pasado.
A hostalería local tamén participa nun concurso de pinchos de outono con agasallos para os clientes

Os Establecementos Asociados do Ribeiro incorporan unha novidade este ano dentro do seu programa de promoción, coa organización dun Mercadillo de Nadal, previsto para a fin de semana do 21 e 22 de decembro. "Unha actividade que foi moi ben aceptada por os socios e que se agarda que atraiga a numerosos visitantes", sinala a xerente, Isabel Rodríguez.

O Mercadillo de Nadal estará ubicado no interior da Igrexa da Magdalena e contará con 16 postos de roupa, complementos, librerías, alimentación, estética, entre outros, que ofrecerán produtos típicos para agasallar nas datas de Nadal. 

Esa fin de semana contarase ademais con actividades propias  das festas dirixidas aos máis pequenos, así como con ambientación tanto na Praza da Magdalena como na Praza de Buján típica da época e inspirada nos países nórdicos, xa sexa en iluminación, música, photocall, e moitas máis sorpresas que se darán a coñecer neses días.

"Con esta actividade novidosa contamos con poder renovar e reorientar as campañas promocionais, e o máis importante, dar a coñecer ós negocios asociados de unha maneira diferente", apunta a xerente.

A campaña promocional máis inmediata é o VI Concurso de pinchos de outono, unha actividade enfocada á hostalería, na que participarán 14 locais. O concurso terá lugar as fins de semana do 22 e 24 e 29 de novembro e 1 de decembro, en horario de 12,30 a 15,00 horas e de 20,00 a 23,00 horas.

Como nas edicións anteriores os clientes que tomen os pinchos entrarán en sorteos de diferentes agasallos e ademais, se maridan os seus pinchos con viño da Denominación de Orixe Ribeiro, entrarán a maiores nun sorteo específico.

O precio oscilará entre 1 ou os 2 euros, dependendo da elaboración e ingredientes que se utilicen.

Te puede interesar