Comezan os talleres de memoria en Ribadavia

A séptima edición dos 'Talleres de Memoria e Animación Social' para persoas maiores de 60 anos, ponse en marcha hoxe en catro ubicacións do Concello de Ribadavia. No Centro Social de San Paio iniciase a actividade ás 16,00 horas, prolongándose ata as 18,00 horas. No Centro Social de San Cristovo está previsto para mañá co mesmo horario, continuando en días sucesivos no departamento de Servizos Sociais en Ribadavia, e o venres, no Centro Social de Francelos.
No ano 2006 comezou a primeira edición dos 'Talleres de Memoria e Animación Social', desarrollándose de maneira contínuada durante estes anos. A participación media semanal foi de 57 persoas no ano 2011/2012 e espérase un número similar para esta edición, segundo indican no Concello.

Te puede interesar