CONVENIO

O Concello de Castrelo súmase ao Programa de Vivendas Baleiras

Este convenio permitirá destinar fogares de propiedade pública ou privada a alugueiro social por parte de familias desfavorecidas. 

O Concello de Castrelo de Miño solicitou a adhesión ao convenio para o desenvolvemento do  Programa de Vivendas Baleiras, que permitirá destinar fogares de propiedade pública ou privada a alugueiro social por parte de familias desfavorecidas. 

Por ese motivo, a secretaria xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, María Ángeles Domínguez, mantivo unha reunión coa arquitecta municipal, Nuria Castro, co obxectivo de explicarlle o funcionamento do Programa de Vivendas Baleiras posto en marcha polo Goberno Galego no pasado mes de abril no marco do Plan rehaVIta, plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellor acceso á vivenda 2015-2020. 

Te puede interesar