Concello

O Concello de Leiro queda libre de herbicidas con glifosato

O Concello de Leiro, a raíz dunha moción do grupo municipal do BNG , vén de desclararse municipio libre de glifosatos. Entre os acordos figura  a solucitude á Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, ao Ministerio de Transportes, Mobilidad y Agenda Urbana e á Deputación de Ourense do abandono de herbicidas que conteñan este produto no tratamento das cunetas da rede viaria que pase por Leiro, "para que a protección da saúde das persoas e o medio no noso municipio sexa realmente efectiva", segundo sinala o BNG.

O concello comprométese tamén a informar deste acordo a todos os colectivos e entidades políticas, sociais e veciñais existentes no municipio para evitar tamén o uso doméstico de herbicidas con glifosato.

O partido socialista de Leiro, afirma que non entende a postura do BNG ao rexeitar unha enmenda "polo simple feito de que fora aprobada a mocion para declarar ao Concello de Leiro libre de glifosato". Engade este grupo que a súa proposta non recibiu o apoio do BNG co fin de que o goberno local do PP aprobase a súa moción. 

Ao respecto, o PSOE plantexaba que o Concello de Leiro se responsabilice da protección da saúde dos veciños e do seu patrimonio natural prohibindo a aplicación de herbicidas químicos para todos os usos agrarios nos espazos de uso público, estradas ou redes de servizo.

Te puede interesar