O Concello recibe asistencia dunha empresa sin que esté contratada

O Concello de Ribadavia recoñece que está nunha situación irregular coa empresa que presta a asistencia técnica no servizo de recadación. O grupo municipal do PP afirma que 'ó revisar o contrato e as actas da xunta de goberno dende o 2004, ano no que se asinou o mesmo, ata a actualidade, atopámonos con que existe unha manifesta irregularidade administrativa, pois o contrato de concesión do servizo de recadación coa empresa Catoure se atopa vencido dende o 25 de marzo de 2008'.
Por ese motivo, a oposición insta ó grupo de goberno a que pida un informe xurídico aos técnicos municipais no que se aclare como pode afectar esta situación á validez da recadación dos tributos.


O ALCALDE O RECOÑECE

O alcalde, Marcos Blanco, recoñece a situación pero puntualiza que só se refire á asistencia técnica do servizo posto que a recaudación é municipal e os cartos están en mans dos traballadores do Concello. Ademáis, anuncia que 'estamos a traballar dende fai tres meses para aprobar un prego de condicións e sacar a concurso esta labor'. 'O voceiro do PP quere informar erróneamente ós veciños intentando insinuar que o servizo de recaudación municipal esta privatizado ou externalizado, vinculando á empresa directamente coa recadación', sinala o rexidor.

Te puede interesar