O Concello reclama máis axudas das Administracións

O pleno de Ribadavia aprobou instar ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda a unha cooperación administrativa co Concello na realización dos proxectos presentados á Administración autonómica durante esta lexislatura.

Así mesmo, tamén se dirixirá o Concello á Deputación provincial para que estableza e exerza a cooperación administrativa entre ambas institucións, para colaborar na realización de proxectos que se atopan sen apoio do ente provincial. Ademáis, o Concello pedirá a realización dun convenio para que realice os investimentos que lle corresponden a Ribadavia en función da súa poboación, territorio e servizos que presta como municipio que é capital do Ribeiro e centro da comarca.

Finalmente, aprobouse crear unha comisión formada por todos os grupos municipais do Concello para abordar estes proxectos e reivindicalos diante de todas as administracións superiores.

Así, entre outros proxectos, sinalan o abastecemento e saneamento nos núcleos de As Chabolas, A Groba e O Seixo; unha pista deportiva nova no Pavillón do Consello; unha nova gardería; pistas de pádel; rehabilitación do antigo matadoiro e da Ponte de San Francisco; recuperación da antiga sede do Consello Regulador; creación de dous parque infantiles ou a adquisición dun solar.

Te puede interesar