O RIBEIRO

O Concello de Ribadavia acolle ao voluntariado nacional

O Corpo Europeo de Solidaridade ven a substituír o que anteriormente se coñecía como Servizo de Voluntariado Europeo

O Concello de Ribadavia, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), acaba de recibir esta pasada semana a Tanja Horster de Eslovenia a través do proxecto de Corpo Europeo de Solidaridade da Unión Europea. O Corpo Europeo de Solidaridade ven a substituír o que anteriormente se coñecía como Servizo de Voluntariado Europeo e permite acoller tamén a persoas do propio país co que o Concello abre a posibilidade de que persoas de todo o territorio nacional poidan levar a cabo proxectos de voluntariado en Ribadavia.

Ademais, o Servizo de Voluntariado Europeo en Italia (Erasmus +) ofrece dúas vacantes de Voluntariado Europeo en Turín (Italia) desde o 5 de setembro do 2019 durante 12 meses, e acabando a actividade do proxecto o 31 de agosto do próximo 2020. A OMIX apunta que o prazo límite para presentar candidaturas é o día 19 deste mes de abril.


Audiovisual


Por outra banda, desde a OMIX tamén se informa sobre o Proxecto de Erasmus + entre Balbriggan, en Irlanda, e Ribadavia: "Medieval Villas, sustainable development studies and town-twinning in the EU". A OMIX do Concello de Ribadavia colabora co seu Voluntariado Europeo ( Salomé Moncorgé-Eliakim e Luca Milanesio) do programa Erasmus Plus no apartado audiovisual do proxecto que está a promover Coláiste Ghlór na Mara e o I.E.S. O Ribeiro. Tamén colaboran no proxecto a Fundación Festa da Istoria e a Oficina de Turismo de Ribadavia.

Te puede interesar