O Ribeiro

O Concello de Ribadavia acondicionará a zona da Arquetiña

O Ribeiro

MEJORAS

O Concello de Ribadavia acondicionará a zona da Arquetiña

O proxecto inclúe nova pavimentación do acceso, canalización de pluviais e reparación de muros

O Concello de Ribadavia acometerá a obra de acondicionamento do entorno da Arquetiña, na Franqueirán. Esta actuación contará cun orzamento global de 48.000 euros que se financiará con cargo ao Plan Provincial de Obras 2019 da Deputación de Ourense. O obxecto desta actuación é o de mellorar o vial existente no entorno da Arquetiña, incluíndo medios de protección, instalacións de drenaxe e a reconstrución de muros de contención derrubados.

Esta actuación da Arquetiña contempla unha renovación do pavimento deste acceso que está en moi mal estado, ademais da reconstrución dunha parte do muro de contención que sostén o vial que vai de Ribadavia a Santo Estevo de Novoa. Por outra banda, tamén se levará a cabo unha consolidación do muro situado na marxe dereita da entrada suroeste. Ademais, a obra contempla a recollida das augas pluviais a través dunha tubaxe de PVC e a colocación de sumideiros.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que "con esta actuación estamos a dar cumprimento a un acordo plenario adoptado por unanimidade no pleno municipal do mes de outubro de 2018. Daquela, estando na oposición, presentáramos unha moción solicitando esta obra". Engade que "deste xeito, estamos a cumprir con unha demanda reiterada dos veciños nunha zona na que ademais de vivendas hai tamén actividade industrial o que significa que en ocasións precisan acceder vehículos dunha certa entidade".

Más en O Ribeiro