Concerto do gaiteiro bretón Patrick Molard en Castrelo

O gaiteiro bretón Patrick Molard dará un concerto en Castrelo de Miño o vindeiro domingo, grazas a colaboración entre a Agrupación Cultural Ronsel e o Concello. A actuación comezará as 20,00 horas e a entrada é gratuíta. O escenario elixido será a Igrexa de Santa María, un edificio de orixe románica cuns excepcionais frescos do século XVI, que a converten nun lugar excepcional para gozar desta actuación.
Para completar a xornada e aproveitar a estancia deste mestre, a partir das 17,00 horas haberá unha charla didáctica sobre dixitación e estilo das gaitas bretona e escocesa, aberta a todos os gaiteiros.

Te puede interesar