OBRAS

Conclúen as obras na estrada de Valdepereira

<p></p>
photo_camera O portavoz do PP César Fernández, a delegada da Xunta, Marisol Díaz, o enxeñeiro da obra e o edil Miguel García.

O traballo figura nun proxecto de asfaltados xunto a Carballiño, Leiro e Cea

A reparación do firme da travesía de Valdepereira, no Concello de Ribadavia, forma parte dun paquete máis amplo de obras que inclúe melloras en varias estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Leiro, Cea e O Carballiño e que foron adxudicadas por un orzamento de preto de 365.000 euros á empresa Acoval.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, comprobou onte o remate destes traballos realizados na travesía de Valdepereira, que consistiron no fresado e reposición do firme deteriorado e a execución dunha nova capa de rodaxe ao longo de 300 metros. "O obxectivo é mellorar o firme desta travesía gañando en seguridade viaria", sinalou.

O contrato de adxudicación destas obras fixa un prazo de execución de 6 meses dende o seu inicio e inclúe tamén actuacións nas estradas OU-209 e OU-188, ao seu paso por Leiro; na OU-187, na travesía de Cea; e, por último, na OU-172, no Carballiño.

Como complemento á reparación da calzada levarase a cabo a mellora da drenaxe, o recrecido de tapas de pozos afectados polas obras e a execución de barreiras de seguridade. As obras empezaron tamén onte na estrada do Carballiño, de acceso a Leiro e O Irixo, e coa limpeza das marxes na OU-188. Continuarán na travesía de Leiro e finalmente na de San Cristovo de Cea. A financiación corre a cargo da Consellería de Infraestructuras e Vivenda.

Te puede interesar