Os condutores contarán cun punto de carga eléctrica en Ribadavia

O servizo busca atraer a veciños e conductores que transitan pola A-52

Ribadavia contará co primeiro punto de recarga de vehículos eléctricos. Será realizado dentro do Proxecto de cambio de luminarias subvencionado polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). Este proxecto botará a andar en breve, e será posible gracias á que o goberno introduciu esta medida de mellora dentro do Proxecto do IDAE.

O Concello quere situar a Ribadavia no mapa de condutores de vehículos eléctricos, creando un servizo tanto para veciños como para condutores que transitan pola A-52 entre Vigo, Ourense e Madrid e pola N-120. A súa instalación e posta en funcionamento realizarase no primeiro trimestre do ano 2022 nunha rúa do centro urbano, elixindo unha ubicación que non obstaculice o tránsito e ao mesmo tempo favoreza o seu uso. Os responsables locales consideran que é unha medida que será ben recibida pola cidadanía.

Te puede interesar