CULTURA

O Consello da Xunta da este xoves o visto bo ao Museo do Viño

César Fernández e Román Rodríguez durante a reunión que mantiveron onte en Santiago.
photo_camera César Fernández e Román Rodríguez durante a reunión que mantiveron onte en Santiago.

O conselleiro de Cultura confirmou ao alcalde de Ribadavia a súa apertura para o próximo xullo

O Consello da Xunta de Galicia autorizará hoxe o proxecto do decreto xa publicado e exposto ao público para a creación do Museo do Viño de Galicia, en Ribadavia, cuxa apertura está prevista para o próximo mes de xullo, segundo lle comunicou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, ao alcalde de Ribadavia, César Fernández.

"O museo, que contará coa colaboración e asesoramento das cinco denominacións de orixe do viño de Galicia, convertirá a Ribadavia na capital do viño de Galicia e será un recurso máis para potenciar este municipio como destino turístico singular no que poder disfrutar dun fermoso patrimonio arquitectónico e dunha infraestrutura cultural única en Galicia na que coñecer todos os segredos e a historia da cultura vitivinícola galega", apunta César Fernández.

A antiga rectoral de Santo André de Camporredondo foi restaurada para acoller este museo, para o que posteriormente traballou un equipo multidisciplinar co fin de darlle contido. Desde que se puxo en marcha o proxecto xa transcurriron ao redor de 26 anos e agora finalmente o alcalde de Ribadavia confirmaba onte que xa está rematado e só falta a autorización para a súa apertura ao público. A inversión rondou os dous millóns de euros, e fíxose tras a cesión da propiedade por parte do Bispado á Xunta por 25 anos, que no 2018 renovaron por outros 25.

Te puede interesar