A Corporación de Leiro rexeita donar dietas para xoguetes de familias pobres

A proposta formulada o pasado 1 de decembro polo voceiro do PSOE na Corporación municipal de Leiro, Manuel Rodríguez, na que solicitaba que os cartos por asistencia ó pleno extraordinario desa data e os destinados a cena de Nadal dos concelleiros e personal do Concello se donasen para os xoguetes dos cativos das familias con menos recursos, foi rexeitada na sesión plenaria do pasado venres.

O concelleiro socialista tamén pedía que ‘esta axuda económica fose canalizada ó traverso da traballadora social do Concello de Leiro, que é a que realmente coñece as familias máis necesitadas’, apuntou. Asimesmo, na moción do PSOE solicitábase que esta traballadora fixera chegar un informe ós grupos polítcios da Corporación encol do gasto realizado, así como as familias as que chegaron os xoguetes. Manuel Rodríguez lembra que a súa proposta é resultado dunha petición feita á alcaldía no pleno citado, ‘á que o alcalde respostou que debía ser formulada mediante unha moción’.

Demagoxia O voceiro do PSOE comenta que ‘no pleno do pasado venres, 18 de decembro, a nosa moción foi debatida, pero non foi aprobada polos seis votos do PP e un do BNG, e tan só recibiu o apoio dos dous socialistas’. Manuel Rodríguez conclúe que ‘iso é demagoxia, que ó final non se donan os cartos para esa causa e se gasten cartos do Concello na cea do día 23’. Os socialistas expresan su malestar y adelantan que ‘como medida de protesta non imos asistir a esta cea de Nadal que van pagar tódolos veciños de Leiro, incluso aqueles con menos recursos’.


Te puede interesar