A corporación reclama unha tarifa eléctrica propia de Galicia

O pleno tamén aprobou unha proposta de Ribeiro en Común para que o goberno presente con urxencia o borrador dos orzamentos municipais para o 2021

O Concello de Ribadavia reclamará ao Goberno do Estado unha tarifa eléctrica propia para Galicia, despois da aprobación por unanimidade no último pleno dunha moción do grupo municipal do BNG para que "atendendo aos custos da produción, a factura da luz sexa máis barata que a actual, en beneficio de consumidores  particulares e empresas", segundo indica a proposta dos nacionalistas.

Ademais, solicitará a eliminación dos suplementos territoriais da tarifa eléctrica e unha baixada do IVE na factura eléctrica, do actual 21% ao 4% , entre outras peticións.

O pleno tamén aprobou unha proposta de Ribeiro en Común para que o goberno presente con urxencia o borrador dos orzamentos municipais para o 2021, que o alcalde César Fernández, anunciou para este mes de febreiro.

Te puede interesar