Cortegada proxecta dotar dun hotel a súa zona termal

A consellería de Medio Ambiente orientará a adaptación do contido do plan especial ao PXOM

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda orientará e asesorará ao Concello de Cortegada na adaptación do contido do Plan especial do parque termal ao instrumento de ordenación municipal en vigor.

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, trasladou esta mañá ao alcalde Avelino de Francisco (durante unha visita á contorna do antigo balneario) a colaboración dos técnicos da Dirección Xeral para revisar as actuacións de urbanización que se prevén neste proxecto termal -que impulsa o concello- e analizar o encaixe no Plan xeral de ordenación municipal (aprobado en 2012), posteriormente o plan especial.

Nese sentido, Encarnación Rivas indicoulle que é necesario adaptar a clasificación dos solos, para garantir a viabilidade das actuacións previstas; pois se ben no plan especial o ámbito está recollido como un sistema xeral de espazo libre e equipamentos, nos planos de estrutura xeral do territorio do PXOM, o solo está clasificado como rústico.

A directora xeral invitou ao alcalde a implicarse desde xa neste proxecto, que ten por obxectivo desenvolver o plan especial que afecta a unha superficie de 90.000 metros cuadrados de zona termal para poder ubicar novas edificiacións como un hotel e apostar por un turismo sostible ligado á cultura da auga e vitivinícola, moi presente na zona.

Te puede interesar