Coto do Frade considera ilegal a minicentral do río Cerves

A Asociación ecoloxista Coto do Frade do Ribeiro denunciou ante a Fiscalía de Medio Ambiente a Enel Unión Fenosa Renovables S.A, á Consellería de Medio Ambiente e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil por considerar que 'a minicentral do río Cerves (sita nos concellos de Melón e Ribadavia) se fixo de xeito manifestamente ilegal', segundo apunta a entidade.
Os ecoloxistas afirman que no 97 concedéronse as licencias de obra, momento no cal o río Cerves tiña recoñecido a nivel administrativo unha figura de protección especial medio ambiental, co cal nengún proxecto podería ser levado a cabo nese río. Ademais, engaden que en 1999 se cambian tódalas características do aproveitamento hidroeléctrico, co permiso da Xunta e do Goberno do Estado español, cando ese río xa tiña recoñecido, de xeito totalmente legal e non só administrativo, a súa figura de especial protección. Pese a todo, sinala Coto do Frade que finalmente, no ano 2000, a explotación comeza a funcionar. 'En todo ese tempo este proxecto debeu ser paralizado polas propias administracións', sentencia.

Os ecoloxistas presentaron a denuncia a raíz da pretensión da empresa de captar máis auga para aumentar a producción eléctrica, e matizan que 'quen ten a máxima responsabilidade son as administracións, xa que elas dieron as licencias'.

Te puede interesar