La Región

O RIBEIRO

Cristina Otero será a número dous do PSdeG ás municipais

Otero Alonso afirma que traballará "activamente para mellorar Ribadavia durante os próximos catro anos

Cristina Otero Alonso.
Cristina Otero Alonso.
Cristina Otero será a número dous do PSdeG ás municipais

Cristina Otero Alonso será a número dous da candidatura do PSdeG ó Concello de Ribadavia, encabezada polo que agora é alcalde, Ignacio Gómez. Veciña da localidade de A Franqueirán, é técnico superior en Artes Plásticas e Deseño de Arquitectura Efémera e, na actualidade, está a rematar o grao en historia da arte. Tamén está relacionada laboralmente co sector turístico da comarca. 

Otero Alonso afirma que traballará "activamente para mellorar Ribadavia durante os próximos catro anos, con novas ideas e proxectos ilusionantes, e coa intención de tender novas pontes para consolidar un goberno municipal que xa é un referente para moitas vilas dentro e fóra de Galicia". 

Engade que "a nosa candidatura ofrece unha xestión honesta, eficiente e que busca, sobre todo, a mellora do interese xeral da veciñanza e o progreso do municipio".

Os socialistas deste municipio. destacan que Otero é unha muller "moi preparada"que representa "a perfección, a renovación e solidez" coa que queren traballar durante o vindeiro mandato, para seguir a desenvolver un proxecto político "que pon o seu foco na veciñanza, no progreso e no diálogo", sinalan.

Os socialistas aseveran que a candidatura que encabeza Ignacio Gómez permitirá "seguir a darlle a Ribadavia un pulo de progreso co fin de consolidar políticas de progreso social, cultural e económico que apuntalen unha Ribadavia viva e con futuro", xa que o PSOE "conxuga persoas cunha ampla e demostrada experiencia de xestión e tamén xente emprendedora".