Cultura asina un convenio para continuar coa restauración do castelo de Ribadavia

Vista do castelo dos Sarmiento. (Foto: Archivo)
As novas intervencións previstas pola Consellería de Cultura no castelo dos Sarmiento de Ribadavia consistirán na realización da escavación do xardín da Rúa Tomás de Lemos, así como a recuperación da estructura do baluarte xa descuberto e a instalación do alumeado do lenzo da muralla.
A Consellería de Cultura e Deporte ratificou o convenio de colaboración co Concello de Ribadavia, mediante o que se invertirán 180.000 euros nunha nova intervención encamiñada a recuperar e poñer en valor o Castelo dos Sarmiento desta localidade cabeceira da comarca do Ribeiro.

Trátase dun novo convenio para a execución dos traballos programados para o presente año e que se centrarán na realización da escavación do xardín da Rúa Tomás de Lemos, con impermeabilización e denaxe do chan, así como na recuperación da estructura do baluarte descuberto na fase anterior das obras.

A actuación inclúe tamén a desmontaxe parcial e apeo de muros de construccións veciñais con risco de derrumbamento. Por último, está proxectada a instalación do alumeado do lenzo da muralla.

A nova intervención continuará as obras levadas a cabo no ano 2007. Daquela investíronse 140.000 euros en consolidar e evitar un risco de deslizamento dun lenzo da muralla, así como rematar o acceso polo paseo ao resto do castelo.

Nesa mesma campaña tamén se descubriu a traza orixinal da antiga muralla interior,que non era accesible ó público e posuía elementos de valor histórico e arquitectónico ocultos polos sucesivos recheos.

Un plan director que execute as obras

A execución das obras de restauración e consolidación do castelo de Ribadavia segue un plan director, que se está a desenvolver nos últimos anos. Ademáis do convenio asinado co departamento autonómico que dirixe Ánxela Bugallo, o Concello de Ribadavia tamén está a espera de recibir a confirmación de 200.000 euros do Ministerio de Cultura para invertir neste ano.

Te puede interesar