CxG avoga por fixar un prezo básico para as uvas do Ribeiro

Xoán Bascuas suliñou que “hai que establecer Un prezo básico da uva, para que o viticultor non teña que estar á expectativa das variacións polas inclemencias meteorolóxicas”.

O candidato de Compromiso por Galicia á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas, aproveitou a celebración da última xornada de feira de agosto para pasear pola vila de Ribadavia e, de paso, dar a coñecer o proxecto da súa formación cara a vindeira cita electoral do 25 de setembro, acompa- ñado por Manuel Vázquez, edil na Corporación local.

O tamén responsable político de CxG foi informado dos problemas que afectan á comarca do Ribeiro, en especial, os vencellados co sector vitivinícola, para os cales recibiu algunhas propos- tas. Ó respecto, Xoán Bascuas suliñou que “hai que establecer Un prezo básico da uva, para que o viticultor non teña que estar á expectativa das variacións polas inclemencias meteorolóxicas”. Engadiu que “hai que estabilizar o mercado da uva autóctona e vixiar a entrada de uva foránea, e para elo pódense utilizar os mecanismos que posúe a Unión Europea para estes casos”.

Xoán Bascuas tamén se referiu ás declaracións feitas por Núñez Feijóo, o candidato do PP, apuntando que “son máis de un os partidos que están unidos a Galicia e que, a diferencia do Partido Popular, non teñen casos de corrupción nas súas filas”. O secretario xeral de CxG apelou “ós socialistas de corazón, que teñen en Compromiso a súa referencia”.

Te puede interesar