Unha delegación ribadaviense visita Israel coa Red de Juderías

A delegación da Red de Juderías de España, da que forma parte Ribadavia, participa nunha misión a Israel, que se iniciaba o pasado día 12 e que se prolongará ata o 18 de marzo. Con tal motivo, desprazáronse a ese país o concelleiro de Cultura de Ribadavia, José Prieto, e o técnico de Turismo, Antonio Míguez Amil, para asistir os actos institucionais e participar nunha intensa axenda de traballo.
Entre outros eventos, os representantes da rede asistiron á recepción ofrecida polo cónsul General de España, Alfonso Portabales. José Prieto Pérez manifestou a satisfacción de poder compartir a experiencia dunha viaxe que ten por obxeto fortalecer as relacións bilaterais entre as cidades.

Te puede interesar