A Denominación Ribeiro recoñece ós hosteleiros que colaboran

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro distinguirá ós viños mellor
valorados da colleita 2011, na modalidade de brancos, e do 2010 e 2011, en tintos, dando a coñecer os gañadores destes premios no vindeiro mes de xuño. Ademais, o órgano rector que preside Luis Anxo Rodríguez fará un recoñecemento a profesionais destacados do mundo da comunicación e da hostelería, pola súa contribución á mellora do sector.

Deste xeito, iníciase nestes días a toma de mostras dos viños participantes na Cata Oficial, a cargo do persoal técnico do Consello Regulador. Todas estas mostras participarán na precata a cargo dun panel profesional, da que resultarán os finalistas, que disputarán un único premio por categoría, esta vez a partir de mostras de mercado.


ENTREGA

As adegas do Ribeiro serán as encargadas da elección dos premios destinados á comunicación e á hostelería. Tras unha primeira fase de nomeacións, xa concluída, catro finalistas propostos polos industriais compiten en cada unha das categorías. Así, onte daba comezo o período de votacións, do que resultarán os gañadores dos premios que se farán públicos no transcurso do acto oficial de entrega o xoves 21 de xuño no Mosteiro de San Clodio, no municipio de Leiro.

Te puede interesar