O RIBEIRO

A Deputación desmontará o pavillón ilegal de Melón

uploaded_balti_result
photo_camera Cristina Francisco y Manuel Baltar.

Cristina Francisco estima que no vindeiro mes de setembro estea aprobado definitivamente o Plan especial de protección do patrimonio

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no Pazo Provincial á alcaldesa de Melón, Cristina Francisco, coa que analizou o Plan de Urbanismo, que promoverá melloras no municipio. A alcaldesa informou tamén ao presidente provincial dos proxectos para mellorar o acceso ao pobo de A Ponte e o incremento das zonas verdes e espazos de lecer, reintegrando na zona pública un cruceiro que o seu día era público e que actualmente se atopa nunha propiedade privada. Asemade, prevese a apertura dun vial dende a N-120 ata o velorio, co obxectivo de que os autobuses poidan efectuar as paradas necesarias.

Cristina Francisco estima que no vindeiro mes de setembro estea aprobado definitivamente o Plan especial de protección do patrimonio e que afectará á contorna do mosteiro e aos proxectos urbanísticos programados nas zonas próximas ao monumento, entre os que figuran a construción dun aparcadoiro e dun centro socio-cultural e deportivo onde hoxe se atopa a estrutura do pavillón, que será desmontada por orde xudicial e reincorporada ao novo edificio co apoio da Deputación de Ourense.

A axuda da Deputación

Precisamente, na reunión Manuel Baltar e Cristina Francisco acordaron que a Deputación de Ourense colaborará nos traballos de desmontaxe e traslado da estrutura do pavillón de deportes. A Dirección Xeral de Patrimonio emitiu informe favorable ao Plan especial de mosteiro e seu entorno, resolución que autoriza a construción do dito edificio para actividades sociais, culturais e deportivas no mesmo lugar onde actualmente se atopa a estrutura do pavillón.

Te puede interesar