EMPREGO

A Deputación fai a relación de postos de traballo de Ribadavia

O portavoz do PP en Ribadavia lembra que "tras máis de 12 anos de goberno socialista non se tiña elaborado unha R.P.T. a pesares das recomendacións de Intervención"

O portavoz do PP en Ribadavia, César Fernández, valora de forma moi positiva o feito de que o Concello terá unha relación de postos de traballo, tal e como pedira o seu grupo municipal no pleno de xaneiro, grazas á colaboración da Deputación de Ourense, que se fará cargo da súa elaboración.

Con este documento, cúmprese un dobre obxectivo, segundo sinala César Fernández, "por unha parte, remátase co reiterado incumprimento xurídico do goberno municipal de aprobar unha R.P.T. e por outro, garantízase a defensa dos intereses dos traballadores do Concello de Ribadavia, que estaban nunha permanente incerteza e inseguridade xurídica derivada da inoperancia do goberno municipal". Lembra o portavoz que "tras máis de 12 anos de goberno socialista non se tiña elaborado unha R.P.T. a pesares das recomendacións de Intervención".

Te puede interesar