A Deputación implanta un sistema innovador para a recollida do vidro

Un dos novos contenedores. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
A Deputación de Ourense, xunto co Concello de Ribadavia e a asociación sen ánimo de lucro 'Ecovidrio', poñen en marcha unha campaña de reciclaxe de vidro no sector da hostelería que ten como obxectivo facilitar a bares, cafeterías, restaurantes, pubs e demais establecementos do sector a recollida e depósito do vidro destinado á reciclaxe. A campaña levarase a cabo en 30 locais de Ribadavia, nos que se entregará un cubo adaptado por local e 11 iglús con boca 'porta de bar' nos radios de acción destes locais.
A Deputación encargarase posteriormente de recoller información sobre o grado de satisfacción dos empresarios con este novo sistema. Ademais, en todos aqueles establecementos que se adhiran colocarase un distintivo que permita diferencialo como 'centro hostaleiro que impulsa a reciclaxe de vidro', e que denote que nese centro se recicla correctamente o vidro. O novo dispositivo consiste nun cubo con rodas adaptado para as barras dos locais e un contedor de rúa con boca ancha, específico para hostelería, que permitirán facilitar o traballo de reciclaxe evitando que os profesionais teñan que poñer unha por unha as botellas no depósito. Para elo, disporán dunha chave para a apertura do depósito e dun mecanismo elevador que axudará no volcado do cubo no contedor da rúa.

As autoridades confirmaron que prevén aplicar este sistema tamén no pobo de Francelos.

Te puede interesar