INFANCIA

A Deputación repoñerá xogos e mobiliario en Ribadavia

Instalaranse un total de cinco estructuras de mesas e bancos novos e un completo módulo de xogos infantís

A área recreativa da Beronza, en Ribadavia, disporá dun novo mobiliario e dunha moderna unidade de xogos infantís no vindeiro mes de agosto, tal e como confirmou o alcalde do municipio, Ignacio Gómez.  E será a Deputación de Ourense quen de encargarse de acometer os traballos necesarios, según lle confirmaron ó rexedor socialista dende o Servizo de Augas e Medio Ambiente da institución provincial. Tanto as mesas e os bancos coma os columpios ubicados nesta zona lindante co Avia, na capital do Ribeiro, "teñen unha antigüidade de entre 14 e 15 anos, e ó ser de madeira están moi afectados de humidade pola proximidade ó cauce do río", subliña Ignacio Gómez.

Así, o devandito departamento da Deputación instalará un total de cinco estructuras de mesas e bancos novos e un completo módulo de xogos infantís, dentro do marco de colaboración existente entre a institución ourensá e o Concello de Ribadavia. O alcalde adianta que os traballos comezarán no prazo máximo de 15 días, unha vez que sexa aprobada a partida de gasto correspondente por parte do organismo provincial. Neste sentido, Ignacio Gómez agradece "a boa disposición que mantivo e mantén o Servizo de Augas co noso municipio", xa que os seus operarios encárganse das tarefas de conservación e mantemento da Beronza, coa colaboracion dos traballadores municipais. 

Te puede interesar