“Detectamos irregularidades en contratos de obra e servizos'

César Fernández, portavoz del PP (Foto: Xesús Fariñas)
O grupo municipal do PP de Ribadavia fai unha valoración negativa deste ano de goberno dos socialistas. Segundo o portavoz, Cesar Fernández, 'a lexislatura iniciouse co intento por parte do alcalde de subirse o seu salario e o do concelleiro de servizos. Unha suba que pretendía facerse ao mesmo tempo que se lle pedía aos veciños un maior esforzo económico para o mantemento de determinados servizos'.
Os populares engaden que 'detectamos numerosas irregularidades administrativas en contratos de obras e servizos, das cales é un caso paradigmático o feito de que a empresa encargada da recollida do lixo leve case tres anos sen un contrato vixente que regule a súa relación co Concello, unha situación que provoca unha enorme inseguridade xurídica'. O grupo da oposición insistiu nas supostas irregularidades que se están a cometer, apuntando que tamén 'se levaron a cabo obras de reforma no pavillón de deportes, por un importe de 1.900 euros, sen que exista un expediente de contratación ao abeiro do esixido polo artigo 111 do Texto Refundido da Lei de Contratos do sector Público. Todo isto ven a mostrar o desprezo absoluto do goberno do socialista Marcos Blanco polos procedementos legalmente esixibles'.
Por outra banda, o PP repróchalle ó goberno local que prescinda do dialogo, 'a pesar da nosa permanente disposición a colaborar'. Finalmente, fai referencia a deuda de 2,2 millóns, como o resultado da 'nefasta xestión económica'.

Te puede interesar