A directora de Comercio visitou catro mercados na provincia

Nava Castro, cun carniceiro. (Foto: MARCOS ATRIO)
O coñecemento directo do funcionamento dos mercados de abastos foi o obxectivo das visitas que a directora xeral de Comercio, Nava Castro, efectuou en catro vilas da provincia.
Concretamente, a responsable deste departamento autonómico, acompañada polo delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, mantivo conversas cos propietarios de postos nas prazas de abastos do Carballiño, Ribadavia, Celanova e Xinzo de Limia. Os comerciantes comunicáronlle a Nava Castro os resultados da recente campaña de promoción de ventas impulsada pola Consellería de Comercio, na que se sortearon agasallos para os clientes.

Te puede interesar