O RIBEIRO

A porcentaxe de mulleres nas adegas é do 19%

Ribadavia 8M
photo_camera Acto do Consello Regular da DO Ribadavia, na presentación da etiqueta.

O Concello de Ribadavia e o Consello Regulador reivindican o seu papel con etiquetas alusivas

O Concello de Ribadavia, a través da Concellería de Igualdade, e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro reivindican o papel da muller no mundo do viño, coa presentación da etiqueta “8M Día da Muller 2019”. O Museo Etnolóxico acolleu este xoves o acto ao que asistiron representantes das vinte adegas que se suman a esta iniciativa para promocionar os viños utilizando esta nova etiqueta en algunhas das súas botellas. Participaron tamén a concelleira de Igualdade, Noelia Rodríguez; o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez; e o presidente do Consello Regulador, Juan Manuel Casares, ademais da alumna do CEIP Plurilingüe Ribadavia, gañadora do concurso mediante o que se seleccionou o deseño da etiqueta, Amina Álvarez.

Noelia Rodríguez foi a encargada de presentar esta iniciativa, que ten por obxecto outorgarlle visibilidade ás mulleres que tiveron e teñen nesta denominación de orixe o firme compromiso coa produción de viños de calidade diferenciada. Na súa intervención referiuse a que esta idea tivo a súa orixe na celebración da Cata de Mulleres enólogas do Ribeiro organizado para conmemorar o Día da Muller no ano 2018.

Juan Manuel Casares fixo referencia ás propostas que a entidade que representa leva desenvolvendo durante os últimos anos para visibilizar o traballo das mulleres no mundo do viño, como é o Premio Muller e Viño que se ven entregando nas sucesivas edicións dos Premios Ribeiro. Sinalou tamén que cada vez é máis significativo o papel da muller entre as adegas e colleiteiras de esta denominación, aínda que a día de hoxe a porcentaxe que representan é dun 19%.

O Concello de Ribadavia encadra esta proposta da Concellería de Igualdade dentro do programa de actividades no marco da conmemoración do 8M Día da Muller, que inclúe hoxe unha concentración e unha cata o 16 de marzo.

Te puede interesar