Os ecoloxistas advirten sobrea extinción de anguías no Miño

A agrupación ecoloxista 'Coto do Frade' do Ribeiro sinala que 'o encoro de Frieira é un claro exemplo de desfeita ambiental, xa que logo de case 40 anos dende a súa construcción as deficiencias estructurais e as mentiras da empresa Gas Natural-Fenosa, amparadas por gobernos de tódalas cores están a condear á última especie migradora do río Miño á súa desaparición'. Neste sentido, apuntan que 'a presenza de anguías no río Miño comeza a semellar simbólica ante a imposibilidade de completar o seu ciclo vital'.
Así, lembran que a empresa hidroeléctrica 'presentaba en 2005 un proxecto de aproveitamento na marxe dereita do río Miño, e que contemplaba a construcción dunha escala angueira que ía a dar solución ó problema da suba das anguías'. Nembargantes, os ecoloxistas de 'Coto do Frade' lamentan que 'o resultado, unha vez posta en funcionamento a nova central, resulta insultante, porque a escala anguieira converteuse nun simple capturadeiro'.


EXTINCIÓN

A agrupación quere manifestar 'a incompatibilidade deste proxecto coa perdurabilidade da especie, un engano, xa que a referida escala remata nunha piscina onde quedarán atrapadas as anguías para ser conducidas a outros ríos'. É dicir, según o colectivo ribeirán, 'que pretenden exterminar a anguía do río Miño, e o sistema de franqueo está deseñado para este fin'. Advirten que se trata dunha escada por onde suben as especies migradoras e que non ten saída ó outro lado da represa, 'morrendo finalmente nun féretro de plástico'.

Te puede interesar