A Confederación Hidrográfica retirará as árbores caídas no río Avia

Ecoloxistas denuncian na UE a praga de amieiros

Un amieiro seco caído sobre o cauce do río Arenteiro. (Foto: Martiño Pinal)
A asociación ecoloxista “Coto do Frade” de Ribadavia presentará na vindeira semana unha denuncia ante a comisión de Medio Ambiente da Unión Europea pola que consideran “falla de solucións por parte das administracións públicas para controlar a praga de fungos que está a afectar ós amieiros nas ribeiras do río Avia dende o pasado verán”.
A enfermidade que padecen estas árbores xa causou a morte de maís de 200 plantas nun tramo de 2,5 quilómetros, entre as localidades de Ribadavia e Vieite, no municipio de Leiro, e tamén foron detectados casos no tramo medio do río Arenteiro, ó seu paso polo Carballiño.

Os colectivos de pescadores tamén deron a voz de alarma, “xa que no prazo dun mes vai comezar a tempada de pesca e hai un risco evidente de caída das árbores enfermas, que poden causar un accidente grave”.

Segundo indicaron fontes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, “un grupo de gardas fluvais vai visitar as zonas afectadas para avaliar o estado dos amieiros e deste xeito posibilitar a retirada daqueles que estén a invadir os cauces”. O organismo de xestión de conca tamén está colaborar coa Confederación Hidrográfica do Douro, de Portugal, “a fin de facer un estudio deste tipo de pragas nos ríos de ambolosdous países e sacar as pertinentes conclusións co obxectivo de tentar previlas e tratalas no futuro'.

Te puede interesar