O Ribeiro

Encontro de audiovisuais de Galicia e Portugal en Arnoia

A cita será os vindeiros 14 e 15 de novembro no Balneario de Arnoia

O Encontro Profesional de Coprodución Portugal-Galiciamantén aberto o prazo de inscrición para as empresas audiovisuais de ambas as beiras do Miño interesadas en participar na súa quinta edición, que terá lugar os próximos días 14 e 15 de novembro no Balneario de Arnoia (Ourense). Como en anos anteriores, este foro bilateral está convocado conxuntamente pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e o Instituto do Cinema e do Audiovisual (ICA) de Portugal.

Esta iniciativa, para a que se conta tamén coa colaboración da Unión Europea, busca facilitar o contacto directo entre produtoras galegas e portuguesas na procura de socios estratéxicos para a coprodución dos seus proxectos audiovisuais de cinema e televisión, en ficción, animación ou documental.

Te puede interesar