Unha enquisa detecta que os ribadavienses maiores de 90 anos están ben atendidos

Os técnicos do departamento de Servizos Sociais do Ribadavia presentaron os resultados dun programa de detección de necesidades dos 72 veciños de máis de 90 anos, dos cales 28 vive con familiares dentro do termo municipal. Das visitas realizadas polos traballadores sociais despréndese que ‘non hai ningunha persoa nesta franxa de idade que estea en situación de desamparo ou abandono, xa que hai unha porcentaxe do 29% que está en residencias e un 21% que vive só con apoio familiar e veciñal’.
A nivel de servizos, o estudo apunta que na súa maioría son cidadáns cos que xa o Concello de Ribadavia mantivera contactos, de xeito que 19 maiores xa teñen solicitada a súa adscripción á Lei de Dependencia para dispoñer dun cuidador; nove son atendidos a nivel municipal e cinco contan con teleasistencia. Así, os técnicos de Servizos Sociais consideran prioritaria tramitar a inclusión como dependentes de tres persoas e pedir teleasistencia para outros seis.

Continuidad


O alcalde, Marcos Blanco, comentó que ‘con este programa preténdese un cambio de filosofía no eido dos servizos sociais dando un salto na atención a persoas maiores, pasando dunha fase asistencial centrada en esperar á que cheguen os casos a outra preventiva de situacións de posible desamparo’. O estudo desenrolado polo Concello é pioneiro no ámbito estatal e será obxecto de publicación no xornal ‘Entre Mayores’, e vén sendo unha continuación do programa realizado no ano 2007 e que tivo coma obxectivo a investigación encol das necesidades asistenciais dos maiores de 75 anos.

Te puede interesar