A Exposición “Nós” destaca a cultura de Ourense en Galicia

Presentación da exposición "NÓS" en Ribadavia.
photo_camera Presentación da exposición "NÓS" en Ribadavia.
A Alameda acolle os cubos con imaxes, ilustracións e textos da revista que cumpre os 100 anos

A exposición "Nós naceu en Ourense hai cen anos", organizada polo diario La Región, está desde onte na Alameda de Ribadavia, un dos lugares que acolle esta mostra na que se destaca a importancia desta xeración e da cultura de Ourense no ámbito de Galicia. A periodista e escritora, Maribel Outeiriño, de quen partiu a idea que a levou a realizar a selección de imaxes, ilustracións e textos da revista Nós, fixo a presentación na Casa do Concello acompañada polo alcalde, César Fernández, e varios membros da Corporación de Ribadavia.

Maribel Outeiriño sinalaba que desta revista da que celebramos o seu centenario poderíanse facer moitas exposicións, pero que esta está centrada en Ourense porque naceu en Ourense, tivo a redacción en Ourense e foi imprimida por La Región.

Así, apuntaba como dato curioso que nos 15 primeiros meses todos os anunciantes eran ourensáns, máis de 60, que eran moitos para os anos 20. "Se anunciaban en la revista porque estaban de acuerdo con la ideología galeguista y la mayor parte, en una ciudad de 17.000 habitantes, creo que era por amistad", apuntaba.

O grupo da Xeración Nós, afirma a comisaria da exposición, que coincidía en "hacer las cosas muy bien hechas y con un nivel muy alto", considerando que "lo que aportó la revista a Galicia es que convierte el idioma que antes era literario en un idioma científico".

Temática da Exposición

Destaca a exposición que os primeiros colaboradores da revista, excepto Castelao que se encargou do deseño, eran ourensáns, e nela tamén se recollen deseños "muy modernos" de tres autores: Fernández Mata, Méndez e Xaime Prada. Ourense está presente tamén nos dous estudos sobre a revista de Victoria Carballo Calero, ao mesmo tempo que se referiu a periodista á correspondencia entre Vicente Risco e Antón Losada Diéguez, de quen partiu a idea da publicación, e a angustia de Risco pola financiación, que se reflexa nesas cartas. A exposición reflexa o alto nivel cultural dos membros da Xeración Nós porque "leían a toda la intelectualidad europea, gracias también a la correspondencia que mantenían con toda esa intelectualidad y al intercambio de revistas". Nos cubos tamén se recolle a presenza de Vicente Risco, Cuevillas e Otero Pedrayo en La Región, con numerosas colaboracións publicadas, fundamentalmente de Vicente Risco "que se pasaba el día entero en la redacción", engade a impulsora da mostra, que ademais destacou o deseño de Xurxo Baca.

Maribel Outeiriño remataba a presentación dando as gracias ao alcalde, César Fernández, e membros da Corporación muncipal, por acoller a exposición que estará en Ribadavia ata o 28 de decembro.

Te puede interesar