A feira catalana Alimentaria expón os viños do Ribeiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro da a coñecer os viños desta zona productora na feira Alimentaria catalana, participando como expositor no pavillón Intervín, no recinto Fira Barcelona. A feira iniciabase o pasado 26 de marzo, prolongándose ata a xornada de mañá.
O longo destes días, o Consello Regulador organizou diversas actividades entre as que figuran o maridaxe dos viños do Ribeiro con productos das Rías Galegas transformados e tamén para o último día ten prevista unha cata denominada 'Evolución e Revolución do Viño do Ribeiro', cun percorrido polas últimas cinco colleitas.

Os responsabeis do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro valoran a importancia desta cita bianual co mercado catalán, tendo en conta a presenza de profesionais e axentes de mercado das principais rexións vitivinícolas do mundo.


VISITANTES

A feira, vinculada a industria alimentaria, concentra 3.936 expositores procedentes de 75 países. Cada nova edición que se celebra convírtese no centro de negocios de ámbito internacional no que respecta a empresas de alimentación e viños.

Para este ano, espérase que asistan un total de 140.500 visitantes de muy distintas partes de mundo, seguindo a tendencia de público dos últimos anos.

Te puede interesar