CELEBRACIÓN

A Feira do Viño do Ribeiro, do 28 de abril ó 1 de maio

O pregoeiro desta edición será o técnico e investigador Francisco Rego

A próxima edición da Feira do Viño do Ribeiro celebrarase este ano entre o venres 28 de abril e o  martes 1 de maio. Este foi un dos acordos adoptados pola comisión organizadora deste certame, que tódolos anos se converte no escaparate dos caldos da comarca e atrae a miles de visitantes. A organización da Feira corre a cargo do Concello de Ribadavia e do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

Os organizadores deste certame, que este ano 2018 chegará a súa 545 edición,  acordaron tamén designar como pregoeiro da Feira a Francisco Rego Martínez. Resaltan os organizadores que "é todo un referente no mundo da viticultura en Galicia, sobre todo no Ribeiro", onde gracias ao seu traballo recuperáronse e volvéronse a cultivar moitas variedades de uva endóxenas de Galicia, ademáis de destacar por unha forma de traballar con respecto e coidado pola viña e o medio ambiente".

Francisco Rego Martínez naceu na mariña lucense, pero leva desde os 23 anos en Ribadavia, onde estivo máis de coarenta anos traballando, primeiro no Servicio de Extensión Agraria de Ribadaviae desde o ano 1994, na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, en Leiro. 

Noutra reunión que mantiveron Concello y Consello Regulador, á que se sumaron as adegas e os colleiteiros da Denominación de Orixe, acordouse inicialmente fixar as datas da edición deste ano, que irán do venres 28 de abril ata o martes 1 de maio, aproveitando deste xeito a ponte do Primeiro de Maio. O recinto do certame será o habitual, na Alameda do Concello ribadaviense.

Te puede interesar