ACTIVIDADE

A Feira do Viño do Ribeiro presenta as súas actuacións musicais

FGSAD
photo_camera El cartel de la Feria do viño do Ribeiro.

As actuacións musicais, principal novidade da programación deste ano, veñen a cubrir unha demanda

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 54ª edición, terá lugar os vindeiros días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2017, no recinto da Alameda, en Ribadavia, presenta as actuacións musicais que se levarán a cabo na presente edición.

As actuacións previstas na FVR serán:

SÁBADO 29 ABRIL 2017

SESIÓN VIÑO APERITIVO:

 Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Roger de Flor”

SESIÓN NOCTURNA:

 Ás 21.00 h, no palco da Alameda: “En Mala Hora”

DOMINGO 30 ABRIL 2017

SESIÓN VIÑO APERITIVO:

 Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Marem Ladson”

SESIÓN NOCTURNA:

 Ás 21.00 h, no palco da Alameda: “The Teta´s Van”

LUNS 1 MAIO 2017

SESIÓN VIÑO APERITIVO:

 Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Gonzalo Arca”

As actuacións musicais, principal novidade da programación deste ano, veñen a cubrir unha demanda, tanto de público asistente en edicións anteriores como dos propios adegueiros e colleiteiros participantes, que complementará a oferta vitivinícola, turística, cultural e gastronómica do evento. Dende a organización apóstase por grupos e artistas locais, de rexistros variados e cun estilo de música “para todo o mundo”, ambientando distintamente segundo as franxas horarias do día.

O escenario das actuacións estará situado na zona das Food Trucks, na que haberá cinco postos de comida máis unha pulpeira, na que se ofertará unha gastronomía variada e moi apetecible para todos os públicos.

Tamén se repite este ano a actividade “Ribeirolandia”, que funcionou con moito éxito na edición anterior e que deixou moi satisfeitos aos máis cativos e aos seus pais e avós.

Deste xeito, durante os tres días do evento, na parte superior da Alameda, coñecida como Picuxa, en horario de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h, os máis pequenos disporán dun espazo de xogo e ocio para divertirse.

Te puede interesar