O festival teatral ábrese hoxe no Castelo cunha compañía polaca

A vixesimo sexta edición da Mostra Internacional de Teatro (MIT) será inaugurada hoxe ás oito do serán na Casa do Concello de Ribadavia, coa presenza do delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro; o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o xerente da Axencia Galega de Industrias Culturais, Juan Carlos Fasero.
A organización elexiu para ler o pregón a Xosé Luis Méndez Ferrín, escritor e poeta ourensán, que dende hai uns meses rixe os destinos da Real Academia da Lingua Galega. A primeira sesión incluida na sección de animación de rúa (Ruadavia) correrá a cargo da agrupación italiana Teatro Tascabile di Bergamo, que ofrecerá o seu espectáculo 'Albatri' dende as 21.30 horas.


ESTREA

A función nocturna comezará as 23.00 horas no Auditorio do Castelo, e corresponde á estrea en España da montaxe 'Iphigenia in Aulide', a peza escrita por Eurípides que será interpretada pola compañía polaca Gardzienice, dirixida por Staniewski co acompañamento dunha prestixiosa orquesta sinfónica de Varsovia. As persoas que non conqueriron entradas por internet e desexen asistir a esta representación poden mercalas, dende as nove da noite, na oficina da MIT ubicada na Praza Maior, ou nas taquillas do Castelo ribadaviense, ó prezo de cinco euros.

Te puede interesar