Francelos contará cun renovado parque para xogos

O parque infantil da localidade de Francelos.
photo_camera O parque infantil da localidade de Francelos.
Trátase dunha nova estrutura enfocada a nenos entre os 8 e os 14 anos 

O parque infantil de Francelos someterase a unha importante renovación, que consistirá na adecuación do terreo e a instalación dunha nova estrutura de xogos, contando cun investimento de 19.500 euros que correrá a cargo do Concello de Ribadavia. 

A alcaldesa, Noelia Rodríguez Travieso, subliña que esta actuación permitirá “mellorar a seguridade dos cativos que empregan estas instalacións, xa que se instalará unha nova base que permitirá minimizar os riscos en caso de caídas”. Ademais, a rexedora tamén apunta que a nova estrutura “permitirá modernizar as instalacións actuais, ofrecendo máis xogos ás crianzas e aumentando a capacidade da actual estrutura, ata os 30 nenos e nenas”. 

Trátase dunha nova estrutura enfocada a nenos entre os 8 e os 14 anos e que servirá de complemento a outra zona de xogos presente no mesmo parque. Desde o goberno municipal lembran que no parque de Francelos “xa se realizaron importantes investimentos, coa substitución de varios elementos de xogo en mal estado, a instalación de dúas estruturas totalmente novas e a mellora dos elementos de seguridade presentes no mesmo”. “Con este novo investimento convertemos o parque de Francelos nun dos principais referentes, no que os cativos de Ribadavia poidan desfrutar dos seus momentos de ocio e tempo libre”, afirma Noelia Rodríguez.

Te puede interesar