Futuros médicos fórmanse nos tratamentos termais en Laias

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia, o balneario de Laias (Cenlle) acolle esta próxima fin de semana unhas xornadas centradas no
“Enfoque integral do deportista de alta intensidade nun balneario”. Un grupo de futuros médicos, que se están a formar na cura termal, coñecerán as aplicacións das terapias con
augas mineromedicinais para tratar aos deportistas.

A coordinadora desta xornada é a doutora Dolores Fernández Marcos, que salienta “a balneoterapia combinada coa fisioterapia contribúe ao mantemento físico dos deportistas. Axúdaos tanto a súa posta a punto física durante as pretemporadas como a recuperar o seu ton muscular e a baixar as contracturas despois dun adestramento ou dunha competición”.

As xornadas comezan o venres cunha sesión teórica centrada na valoración médica dos deportistas de alta intensidade, impartida polo fisioterapeuta do balneario de Laias, Kamil Brezenzski. De seguido, os asistentes realizarán prácticas nas instalacións do centro.

O sábado coñecerán as aportacións da balneoterapia ao deporte de alta intensidade da man da doutora Fernández Marcos, que explicará ademais cales son as condicións fisiolóxicas adecuadas do deportista para evitar lesións e rematarán cunha sesión práctica. 

Te puede interesar