Gas-Natural e dez institucións dirixirán o parque de Castrelo

Algúns dos representantes institucionais. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Dez institucións públicas e a compañía Gas Natural-Fenosa reiteraron onte o seu apoio ó Parque Náutico de Castrelo de Miño, ó mesmo tempo que acordaron constituir unha organización estable para a súa xestión. A iniciativa partiu do propio Concello, que implicou a diversas institucións estatales, provinciais e autonómicas, ademáis de federacións deportivas.
Os representantes acudiron onte a convocatoria do alcalde Xurxo Rodríguez e acordaron crear a organización xestora e destinar un orzamento anual para mellorar infraestructuras, organizar eventos e competicións e atraer patrocinadores, entre outras funcións, para convertir o parque nun referente na práctica dos deportes náuticos e para que sirva tamén de elemento de atracción, dinamización e revitalización do municipio.

Nese senso, os asistentes comprometéronse a adoptar no plazo de dous meses os acordos pertinentes en cada unha das institucións implicadas para nomear ó representante e indicar o compromiso económico ou a colaboración que poida prestar na organización xestora.

Para conquerir ese fin, na reunión de onte formouse unha comisión de seguimento integrada polos asistentes.

O rexidor de Castrelo de Miño aproveitou o encontro para referirse as instalacións e servizos do parque náutico como piscinas, pistas deportivas, sendeiros, naves para embarcacións, pantaláns ou pistas para deportes acuáticos, entre outras.

Ademáis de asinar o documento de intencións, os asistentes visitaron o parque náutico.

Te puede interesar