O gremio do taxi detecta que hai viaxes de veciños dende Melón

Os taxistas de Ribadavia amosan o seu malestar polo suposto mantemento dun transporte de viaxeiros dende Melón, cando hai máis de dous meses que o servizo posto en marcha neste últmo municipio estaba paralizado. 'Nós vimos detectando que os luns, mércores e venres, e tamén os días de feira, hai unha ou dúas furgonetas que deixan veciños no casco urbán', sinalan.
Nembargantes, o alcalde de Melón nega que o Concello está detrás destes traslados, 'xa que dende febreiro, o microbús que facía o transporte está gardado nun garaxe'. O rexedor engade que 'cecais algún veciño de Melón leve no seu coche particular a familiares ou xente do seu pobo ata Ribadavia, o cal é completamente normal, e legal se non cobra nada'.

Pardellas decidira suprimir o servizo municipal de viaixeiros ante a denuncia de competencia ilegal formulada polos taxistas ribadavienses, xa que carecía da autorización pertinente da Dirección Xeral de Transportes. Unha vez solicitada ésta, a Asociación Provincial de Taxis formuló alegacións á petición do Concello de Melón, que aínda están sen resolver polo citado departamento da Xunta.

Te puede interesar