Os hosteleiros de Ribadavia colaboran co festival artístico ‘Arteficial’ de agosto

A capital do Ribeiro convertirase dende o 7 ó 9 de agosto nun polo de atracción para os afecionados ós espectáculos alternativos coa celebración de ‘Arteficial’, un proxecto integrado na iniciativa xuvenil do Programa de Xuventude en Acción, que conta coa financiación da Union Europea.
Iste festival, organizado pola asociación Arteficial de Ribadavia, acollerá as actuacións dun total de 15 solistas e grupos de diferentes estilos e tendencias, ademais de promover obradoiros de artesanía e reciclaxe, exposicións artísticas, proxeccións audiovisuais, unha ‘Festa da Cervexa’, unha cata de viño e, tamén, un festival infantil baixo a denominación ‘Artefesta’. O evento arrincará o xoves 7 de agosto cos grupos Pal’Kali e Los Guapos, de funk e rock, e Majahni, de reggae.

Clausura

A xornada do venres día 8 estará centrada no estilo metal, coas actuacións de End, Dismal, Vita Imana y Psyquence, ademais dos concertos de Gustavo Almeida (pop-funk), Sos Trío (jazz) e o cantautor Yomelo Montosolo, promovidos polos hosteleiros da Praza Maior da vila. Na clausura, o sábado día 9, será o turno da charanga local Pequena Gran Filarmónica da Toscana; e o ritmo de fusión da Banda Desarmada do Carballiño e Rumbotupá, ademais dun novo recital de Gustavo Almeida. O festival Arteficial -’de expresión músico-cultural’, tal e como o denominan os seus organizadoresconta coa colaboración do Concello de Ribadavia, Establecementos Asociados do Ribeiro, Xunta de Galicia, Caixa Galicia e o Consello Regulador do Ribeiro.


Te puede interesar