A oposición rexeita esta medida, que segundo o alcalde repercute en só 20 euros máis por veciño

Os impostos de Carballeda suben para manter servizos

Zona residencial de Carballeda de Avia, coa igrexa parroquial ó fondo. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
O grupo municipal do PP de Carballeda de Avia votará en contra da suba de impostos e taxas proposta polo equipo de goberno do socialista Luis Milia, na sesión plenaria convocada para hoxe. Concretamente, os 'populares' apuntan que o Imposto de vehículos (IVTM) se incrementa un 30%, mentres aumenta un 51,5% a taxa pola recollida de lixo, que pasa de 33 a 50 euros.
Así, o recibo domiciliario do lixo pasa de 45 a 62 euros (incluindo a taxa polo alcantarillado), 'uns datos vergoñentos se os comparamos cos niveis de gastos do Concello, coma é o caso dos xerais, que a pesares da crise pasan de 40.000 euros o ano pasado a 45.000 euros neste', suliña o voceiro do PP, Lorenzo González.

O alcalde asegura que 'esta suba é obligada, xa que levamos 15 anos cos mesmos prezos e hai que manter os servizos que temos en ausencia de subvencións', cifrando en 35.000 euros o incremento na recadación. Ademais, Luis Milia asegura que 'a repercusión deste aumento non supera os 20 euros máis por veciño e os 35 euros por vivenda'.

O rexedor tamén matiza que o Concello de Carballeda é un dos que ten a media máis baixa a nivel de impostos e taxas, en comparación con outros da comarca de O Ribeiro e da provincia.

Te puede interesar