Infraestructuras remata a mellora da autovía AG-53 e os seus enlaces

As principais obras de reparación foron no carril dereito das vías, de xeito que se habilitaron desvíos do tráfico

A Consellería de Infraestructuras e Mobilidade concluirá nestes días os traballos de conservación e mellora do firme da autovía AG-53 (Ourense-Santiago) e o seu enlace entre Maside e Carballiño (AG-54), que supoñen un investimento superior ós 240.000 euros. Estas obras lévanse executando dende o pasado 15 de setembro, e corresponden ó acondicionamento da calzada na AG-53, no tramo entre o enlace de San Cristovo de Cea e a autovía A-52 (Ourense-Vigo), en Santa Cruz de Arrabaldo, incluíndo tódolos ramais.

As principais reparacións realizáronse principalmente no carril dereito das vías, polo que se fixeron necesarios cortes na circulación nas mesmas, de xeito que foron habilitados desvíos do tráfico a través dos ramais do enlace das autovías A-52 e AG-53 coa estrada provincial OU-402. Por outra banda, nos tramos correspondentes ós enlaces de Castro Dozón e San Cristovo de Cea, levouse a cabo una reparación naquelas zonas onde os técnicos do departamento autonómico de Infraestructuras apreciaron un meirande desgaste do firme, así como actuacións de conservación previa á intervención de renovación extraordinaria do pavimento, que a Xunta de Galicia ten programada para 2020.


Secundario


Estes traballos de mellora da calzada tamén foron efectivos nos cinco quilómetros da AG-54, o enlace que comunica dende A Fontela (Maside) a estrada N-541 (Ourense-Pontevedra) coa propia autovía AG-53 (Ourense-Santiago) á altura da localidade de A Touza, tamén no municipio de Maside. Os operarios, asemade, acometeron o acondicionamento do enlace secundario existente entre a capitalidade municipal de Maside e o núcleo de Negrelle, xa na AG-54.

Te puede interesar