A instalación de novas canalizacións permite o arranxo da ‘Fonte da Prata’ en Ribadavia

A agua xa mana da única tubería existente na histórica ‘Fonte da Prata’, ubicada no casco histórico de Ribadavia, unha vez solventados os problemas que produxeron a súa seca hai seis meses. Os traballos de acondicionamento das canalizacións do subsolo consistiron na limpeza dos residuos procedentes dunha construcción privada que se estivo a facer no entorno do manantial, considerado coma unha das xoias da capital do Ribeiro.
Neste sentido, o equipo de goberno do Concello de Ribadavia amosara a súa total disposición para que os veciños da vila non quedasen sen esta auga, a partir das queixas que transmitiu o grupo ‘popular’ na Corporación, que suliñaba a repercusión das obras dun edificio colindante na seca desta fonte clásica. Nembargantes, o alcalde, o socialista Marcos Blanco, rexeitou recoñecer que os traballos de edificación fosen a causa da situación.

Finalmente, e tra-lo pertinente estudio técnico, os operarios municipais lograron reconducir a auga dende a súa ‘mina’ orixinal ata a ‘Fonte da Prata’, ó traverso da colocación de novas tuberías e con total garantía sanitaria.

Te puede interesar