Un instituto de cultura polaco patrocina unhamontaxe da MIT

A 26 edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) ofrecerá un dos mellores programas escénicos de todos os festivais de artes escénicas do Estado, destacándose a actuación do grupo Gardzienice, de Polonia, unha das mellores compañías teatrais do mundo.
O concelleiro de Cultura de Ribadavia, Anxo Collarte, sinalou que 'os recortes da Consellería de Cultura cara o teatro contrasta co interese de institucións doutros países como o Institut Adam Mickiewicz, de Polonia, que veu colaborando activamente coa Mostra'. Así, apunta que 'entre as múltiples liñas de axuda, o instituto de cultura polaco contribúe nos custos de pasaxe dun elenco e equipo técnico que supera as 30 persoas, incluída a orquestra que intervirá en directo no espectáculo inaugural da MIT'.

Deste xeito, o espectáculo 'Iphigenia in Aulide', dirixido polo prestixioso Staniewski e interpretado por Mariusz Golaj da compañía Gardzienice, inaugurará o programa da Mostra e un gran cartel teatral o día 16 de xullo, ás 23:00 horas, no Auditorio do Castelo de Ribadavia.

Te puede interesar