Un investimento de 2,3 millóns de euros contribuirá á mellora viaria no Ribeiro

A Consellería do Medio Rural executará as obras de acondicionamento de preto de 70 camiños na comarca do Ribeiro co obxectivo de favorecer o desenvolvemento das actividades productivas nesta área, dentro do proxecto de ‘Impulso Vitivinícola do Ribeiro’.
Concretamente, destinaranse 2.363.503 euros, distribuídos en varias anualidades, para o acondicionamento de 68 camiños nos municipios de Arnoia, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia e Toén, actuacións correspondentes a aqueles lugares que presentan unha deficiente dotación de infraestructuras rurais no seu territorio que producen carencias importantes que frean o desenvolvemento da zona.

Os obxectivos que persigue este plan según indicaron fontes de Medio Rural’consisten en dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación mediante a dotación de infraestructuras básicas, en impulsar os procesos de concentración da superficie territorial, en fomentar a presenza de variedades nobres e autóctonas nos viñedos, en garantir a integración dos xoves para fomentar o relevo xeracional na actividade productiva’.

Modernización

Os responsables da consellería engaden que ‘as accións deste plan persiguen múltiples obxectivos, dentro do compromiso de converter o sector do viño nun motor de dinamización integral para o rural galego’. Entre eles, está a modernización das explotacións vitivinícolas e a profesionalización dos recursos humanos que operan no Consello Regulador do Ribeiro’.



Te puede interesar