ALUMEADO

Investimento de 87.000 euros para mellorar puntos de luz en Leiro

Ámbolosdous proxectos consistirán no cambio dun cadro do sistema de alumeado e a reposición de farolas no treito que vai dende a ponte da Esperela ata o núcleo de Barzamedelle

A Deputación provincial vén de aprobar unha modificación do Plan de Cooperación do exercicio 2015 enLeiro, substituíndo a obra de reconstrucción da pasarela peonil polo proxecto de mellora enerxética neste municipio, cun orzamento de 50.000 euros. Asemade, a xunta de goberno local de Leiro deu o visto bó ó proxecto técnico que contempla traballos de acondicionamento na iluminación pública das rúas do casco urbán da localidade, cun orzamento de execución por contrata de 37.616 euros. 


Ámbolosdous proxectos consistirán no cambio dun cadro do sistema de alumeado e a reposición de farolas no treito que vai dende a ponte da Esperela ata o núcleo de Barzamedelle, atravesando a rúa Gabino Bugallal. Os puntos de luz existentes na actualidade  serán substituídos por farolas co sistema Led, que permite unha rebaixa nos gastos de consumo nocturno. 

Te puede interesar