Una jornada enseña a combinar los vinos y las conservas en Cenlle

A Adega Casal de Virmadeus, no Concello de Cenlle, foi o escenario onte da segunda xornada do evento 'Harmonía de sabores da Ruta do Viño do Ribeiro'. Neste segundo módulo realizouse a maridaxe de catro viños brancos de O Ribeiro con alimentos autóctonos de Galicia, que dispoñen de indicación xeográfica protexida como o pan de Cea, e con conservas da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos, contando con productos como o mexilón en escabeche, chipiróns na súa tinta, sardinilla en aceite de oliva e berberecho ao natural.
O sumiller Antonio Raluy dirixiu a degustación, guiando ós aproximadamente 25 participantes polas sensacións, experiencias e harmonías da combinación do viño cos alimentos.

A terceira xornada está prevista para o 6 de maio, no Pazo de Esposende, mentras que a cuarta será o 3 de xuño, xa rematando a experiencia na Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro. Cada unha destas citas gastronómicas teñen lugar ás 19 horas.

A organización oferta ós interesados a posibilidade de asistencia libre a cada sesión, pagando unha cota de inscrición para cada día de 10 euros.

Ata o 5 de maio poderán matricularse para asistir a terceira sesión prevista no Pazo de Esposende, e atá o 2 de xuño é o prazo para a última sesión na Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro.

Te puede interesar