Leiro conta cun polígono agroforestal de utilidade pública

Un grupo de árboles en un bosque de la provincia.

Leiro xa conta cun polígono agroforestal declarado de utilidade pública e de interese social por parte da Xunta de Galicia. Trátase do polígono de Barzamedelle, no que recuperarase unha superficie de 145,6 hectáreas distribuídas nunhas 183 parcelas de 113 propietarios e establécense como usos ou actividades principais os cultivos leñosos, de ciclo curto e sistemas agroforestais. Refírese a Consellería de Medio Rural a sistemas de aproveitamento mixto fundamentalmente gandeiro e forestal -frondosas caducifolias- e, nalgún caso, algún tipo de cultivo agrícola complementario para o aproveitamento gandeiro e compatible cos outros dous usos.

A Xunta desenvolve os polígonos en abandono ou infrautilizados e co acordo dos propietarios dos predios, acadando ata un 70% da superficie das terras incluídas no perímetro proposto.

Te puede interesar